O Concello de Culleredo, desde o Conservatorio Municipal de Música, organiza un curso de técnica e interpretación musical de saxofón. As clases terán lugar do 13 ao 15 de maio no Conservatorio de Culleredo, sumando un total de 12 horas lectivas.
O curso está dirixido a alumnos de saxofón, tanto do grao elemental, que terán unhas clases de 30 minutos de duración, como do grao profesional, con clases de 60 minutos.
A iniciativa será gratuíta para alumnos matriculados no Conservatorio de Culleredo. Os restantes alumnos non matriculados no centro terán que abonar unha cota de 20 euros.
O curso será impartido polo músico Adrián Pais Abuín, de recoñecido renome na materia. Recibiu na súa carreira máis de 15 premios en concursos nacionais e internacionais e leva a cabo numerosas masterclass en conservatorios.
A formación finalizará cun concerto o xoves 15, ás 20.00 horas no auditorio. Nel actuará tamén o propio profesor.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER