O Concello de Culleredo concluíu o taller de linguaxe de signos que impartía desde abril en Vila Melania (Vilaboa). A concelleira de Educación, Carmen Varela, acudiu a clausúra da iniciativa, entregando os diplomas acreditativos á vintena de asistentes.
A actividade, de carácter teórico-práctico, encadrábase nun nivel básico, de iniciación á linguaxe de signos. Tratábase da segunda edición, que o Concello decidiu programar dados os bos resultados cultivados na primeira.
Á vista das opinións ofrecidas onte polos participantes, esta segunda edición foi igual de exitosa. Os asistentes suxeriron á concelleira lanzar un novo taller pero cun nivel máis avanzado, para continuar a súa formación.
A actividade formativa foi totalmente gratuíta e formou parte do programa de educación municipal para complementar a formación regulada das aulas.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER