O paseo marítimo do Burgo acollerá o domingo, 1 de xuño, a terceira edición da Carreira pola Ría, cunha participación prevista de máis de 1.000 persoas. Está organizada pola asociación Castelo Deporte, coa colaboración do Concello, e espérase que tomen as saída decenas de veciños do municipio e arredores.
Para propiciar o desenvolvemento correcto da proba, o Concello pechará o carril bici do paseo en horario de 10.00 a 15.00 horas. A saída está prevista desde o xardín botánico sobre as 10.30 horas.
O percorrido consistirá en dúas voltas completas ao paseo, o que suporá unha distancia de case 14 quilómetros. Finalizada a proba de adultos, chegará a quenda dos case 500 nenos, con 7 categorías e 3 percorridos diferentes. Os pequenos aínda poden inscribirse até o propio domingo.
O goberno local ofrecerá apoio loxístico e organizativo á asociación. Ademais, a Policía Local e Protección Civil colaborarán nas medidas de seguridade do evento.
Ao finalizar a carreira chegará o momento dunha festa nas pistas deportivas do paseo marítimo. Os asistentes poderán degustar polbo e churrasco e gozar da música de Chotokoeu.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER