O colexio de Tarrío celebrou o seu 40 aniversario na VIII Tarriomería

O colexio de Tarrío celebrou o pasado sábado o seu 40 aniversario coa VIII Tarriomería, evento que reúne cada ano por centos de persoas entre pais, alumnos, ex alumnos, veciños e amigos do centro.

Desde pola mañá, as instalacións do colexio acolleron exhibicións de patinaxe, karate, aerobic, judo, ou ballet; inchables; talleres de maquillaxe, decoración, manualidades, bonecos de la, pulseiras ou fotografía; actuacións musicais; comida de confraternización; master class de zumba ou a actuación dun mago.

Nesta edición, o evento incluíu a inauguración da exposición "40 anos do noso colexio", con fotos de recordo desde o nacemento do centro.

O CEIP organizou este festexo, coa colaboración do Concello, para conmemorar ademais a finalización do curso. Centos de persoas encheron como cada ano as súas instalacións na Tarriomería.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina