O Conservatorio Municipal de Culleredo celebra o mércores 11 de xuño a segunda edición do encontro Batutas e Bastóns, coordinado e presentado polo profesor Marcos Seoane. Trátase dunha iniciativa do Concello de Culleredo, a través do Conservatorio, e da ANPA do centro.
Nesta ocasión, o encontro recibe a unha eminencia da música: Jesús López Cobos, director de orquestra que mesmo recibiu o Premio Príncipe de Asturias das Artes.
Batutas e Bastóns, que combina música e palabra, desenvolverase no auditorio do Conservatorio desde as 19.30 horas do mércores 11.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER