O Concello de Culleredo reuniu o pasado sábado a un cento de participantes no Torneo de Chave que alcanzou a súa XXXIII edición. O club de chave Aldea, de Vigovidín, núcleo da parroquia de Almeiras, resultou o vencedor da proba.
O primeiro tenente de alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, e o concelleiro de Deportes, Miguel Suárez, foron os encargados de entregar os galardóns, xunto con José Luis Rodríguez (Presidente a Irmandade de Chave), e Luis Rumbo (Presidente del Club de Chave Ledoño), clubes que asumiron a dirección técnica do torneo.
Finalmente, o torneo tivo lugar na pista polideportiva de Celas de Peiro. O mal tempo obrigou a trasladar ata alí a proba, inicialmente prevista para Ledoño.
Participaron: Club de Chave Acea de Ama, Club de Chave Aldea, Club de Chave Noso Lar, Club de Chave O Burgo, Club de Chave Ledoño, Club de Chave Almeiras, Club de Chave Boedo, Club O Xismo e Club Portazgo Bravú. O Club Casa Couto, de Carral, foi o invitado desta edición.
A continuación pódese acceder ao cadro de resultados.
Vista previa | Adjunto | Tamaño |
---|---|---|
resultados_33_torneo_chave.pdf | 59.86 KB |
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER