O Club Baloncesto Culleredo e o Sporting Burgo organizan sendos campus de verán, cos que colabora o Concello de Culleredo. As inicitivas permiten unha alternativa saudable para o verán dos nenos.
O Club Baloncesto Culleredo celebra o XI Campus de Verán con moito baloncesto pero tamén con moitas actividades deportivas. O Campus, que se desenvolverá no polideportivo do Burgo de luns a venres, terá lugar desde o 25 de xuño ata o 4 de xullo, en horario de 9.30 a 18.30 horas. Para propiciar a conciliación da vida familiar e laboral existe a opción de madrugadores, desde as 8.30 horas. Está dirixido a mozos e mozas de 5 a 16 anos de idade.
Os participantes poderán gozar de actividades variadas, pensadas para todos os centros de interese. Poderase practicar Tiro con Arco, Tiro con Cerbatana, Tiro con Pistola Paintball, Rugby, Surf & Skate, Esgrima, Kaiak, tirolina, zorbing, actividades acuáticas na praia, piscina e unha xornada en Aquapark de Cerceda.
As inscricións poderanse realizar na polideportiva do Burgo (en horario de martes e xoves, de 18.00 a 20.00 horas) ou a través da páxina web do club (www.cbculleredo.es) ata o mércores 18 de xuño.
Pola súa banda, o IV Campus de Verán do Sporting Burgo diríxise a nenos e nenas de 4 a 13 anos de idade. Haberña tres quendas: do 30 de xuño ao 11 de xullo, do 14 ao 24 de xullo, e do 28 de xullo ao 1 de agosto. O horario será de 9.30 a 14.00 horas.
O equipo técnico do campus estará conformado por un grupo de adestradores titulados e por monitores de tempo libre.
A inscrición está aberta entregando a ficha na cafetería As Tres Marías ou por correo electrónico en sportingburgo@hotmail.com.
O Concello de Culleredo agradece o enorme esforzo dos clubes por impulsar uns campus que ademais propician unha posibilidade de conciliación, algo fundamental para moitas familias.
Vista previa | Adjunto | Tamaño |
---|---|---|
campus_club_baloncesto_culleredo.pdf | 72.63 KB | |
campus_futbol_sporting_burgo.pdf | 143.14 KB |
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER