O goberno de Culleredo abre A Escada aos veciños alleos ao centro ocupacional para persoas con discapacidade intelectual situado no Burgo. O Concello propón este verán un conxunto de talleres que interrelacionarán a mozos con persoas con discapacidade intelectual.
O programa de talleres comprenderá entre o 2 e o 31 de xullo. Componse de:
En todos os casos o horario será de 10.00 a 12.00 horas. O prezo é de 36 euros ao mes para os talleres de aprendizaxe dixital e de artesanía, e de 18 euros ao mes para o de cociña. O equipo docente estará formado por unha pedagoga, unha psicopedagoga e unha mestra de taller.
A iniciativa está pensada para mozos e mozas de 12 a 15 anos de idade e para persoas con discapacidade intelectual de 12 anos en diante. As solicitudes para participar tramítanse no centro de servizos sociais do Burgo, en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou no teléfono 981 654 570.
Un dos obxectivos da iniciativa consiste en promover o contacto entre a poboación en xeral e os usuarios con discapacidade intelectual, como vía para lograr a integración social. A concelleira de Benestar Social, Lupe Pombo, explica que os mozo se divertirán á vez que coñecerán unha realidade moi diferente, e os usuarios con discapacidade veranse beneficiados por esta convivencia. "É unha experiencia moi enriquecedora", apunta.
Pombo engade que o Concello quere "aproveitar ao máximo" as instalacións da Escada para que poidan beneficiar aos veciños e por iso decidiron incrementar a oferta de actividades.
Vista previa | Adjunto | Tamaño |
---|---|---|
obradoitos_veran_a_escada.pdf | 227.79 KB |
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER