O Concello clasurou a tempada de actividades sociais con 400 participantes

O Concello de Culleredo celebrou a clausura da tempada das actividades sociais municipais. Un total de 400 veciños participaron nas iniciativas, que abarcaron unha ampla variedade para adaptarse a todos os centros de interese.

Para a clausura, o goberno local organizou un multitudinario acto no salón de actos da Universidade Laboral. O alcalde, Julio Sacristán, e o primeiro tenente de alcalde, José Ramón Rioboo, presidiron o acto, xunto coa edila de Benestar, Lupe Pombo, e a de Maiores, Penélope López, e procederon a entregar os diplomas que recoñecen o esforzo de cada participante.

Para comezar o acto, o grupo de teatro de maiores fixo unha pequena representación, que suscitou o aplauso do público. Tras lembrar, cunha emotiva montaxe fotográfica, as actividades do ano, chegou a quenda da entrega de diplomas.

Na súa intervención, o alcalde, Julio Sacristán, reiterou a "total prioridade" que supón para o goberno municipal os servizos sociais. Expuxo que despois da incerteza que existiu este ano pola posible perda de competencia na área pola lei estatal, espera uns anos de "maior tranquilidade" para continuar desenvolvendo políticas para os colectivos "que máis o necesitan".

Pola súa banda, Pombo destacou a "implicación" dos veciños nas actividades e a súa animosidade. Enxalzoulles a seguir participando e achegando ideas para mellorar os programas. Para pechar o acto, a coral de voces veteranas puxo a música, antes de probar o petisco saudable que esperaba fóra.

Neste curso, as actividades sociais preferidas polos veciños foron a ximnasia e a coral. Outras opcións con gran participación foron internet para maiores, a Escola do Saber, a estimulación mental, os talleres de labores, artesanía e pintura, ademais das actividades propias do centro para persoas con discapacidade intelectual da Escada.

Por núcleos de poboación, O Burgo foi a procedencia de máis participantes con 140, seguido de Vilaboa e Fonteculler. A oferta de Benestar Social logrou o interese de veciños de todas as parroquias.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina