O Burgo recobra esta fin de semana o seu pasado templario no Mercado Medieval

Culleredo regresará desde hoxe, venres 4, e ata o domingo 6, á Idade Media. O Burgo lembrará o seu pasado templario co Mercado Medieval que encherá o paseo marítimo dunha infinidade de personaxes da época.
 
O concelleiro de Dinamización Local, Juan Carlos Lovelle, e a edila de Promoción Económica, Marta Iglesias, presentaron o evento. O mercado abrirá as súas portas ás 18.00 horas, ata preto da media noite. O sábado e o domingo o horario será de 11.00 a 0.00 horas aproximadamente.
 
O Mercado Medieval ofrecerá distintas opcións para todos os gustos. A ambientación musical e os espectáculos repetiranse ao longo do tres xornadas (A continuación pode descargarse a programación).
 
Quen se achegue ao Burgo poderá atopar desde lanzadores de lume, a cetreiros, bailarinas orientais, comepedras, etc. Nas rúas do Mercado haberá unha ampla variedade de postos. A alimentación e a artesanía serán os principais atractivos. Os nenos contarán tamén cun espazo destinado ás súas actividades, polo que será un evento propicio para acudir en familia, destacou o concelleiro de Dinamización Local.
 
Lovelle resaltou a idoneidade do marco que ofrece o paseo da ría para levar a cabo este Mercado Medieval. "Animamos aos veciños da comarca a que se acheguen ata Culleredo para mergullarse nun ambiente medieval moi entretido", apuntou.
 
Pola súa banda, Iglesias destacou a función de "dinamización comercial" que pretende o Concello con este tipo de eventos. "Estamos seguros que atraerá a moita xente, xerando actividade no municipio", sinalou.
Vista previaAdjuntoTamaño
programa_mercado_medieval.pdf4.96 MB

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina