O ambiente clown chega a Vilaboa en paralelo ás súas festas patronais. O Concello de Culleredo e a comisión de festas organizan o Mercado Clown no pazo de Vila Melania, para ofrecer un espazo de diversión familiar que complemente aos festexos de Vilaboa.
O Mercado Clown estará instalado desde as 17.00 horas do venres 11 nos xardíns de Vila Melania. Os asistentes poderán gozar alí de xogos, talleres, contacontos ou concursos, así como dos labores dos artesáns.
Tanto o sábado como o domingo haberá espectáculos con artistas de renome, ás 22.00 horas. O sábado será Pedro Brandariz o que ofreza o seu monólogo humorístico. E o domingo un gran show a cargo de Rudi Dudi pechará o Mercado.
Así mesmo, para levar o ambiente de cor e narices vermellos aos veciños, varios pasacalles anunciarán ao longo do tres días a presenza do mercado en Vilaboa.
"As festas son unha magnífica oportunidade para a dinamización comercial e hostaleira da zona", sinalou Marta Iglesias, concelleira de Promoción Económica. "Desde o Concello queremos apoiar a que a xente vaia a Vilaboa o fin de semana", afirmou.
O edil de Festas, Juan Carlos Lovelle, destacou que o novo evento "permite acudir en familia" posto que haberá opcións de interese "para todas as idades". Lovelle felicitou á comisión de festas polo seu traballo "continuo" que permite que o núcleo goce este fin de semana duns grandes festexos.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER