O Concello de Culleredo e a Deputación da Coruña acordaron o cofinanciamento para urbanizar a parcela onde se emprazará un novo colexio de educación infantil e primaria. O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, acudiu onte á Deputación para asinar o convenio polo que o ente provincial achegará o 55% da contía e o Concello o restante 45%.
O Concello de Culleredo calcula que sacará a licitación a obra de urbanización de forma inminente. O seu orzamento será de 200.000 euros e o prazo de execución dos traballos de catro meses.
As obras consistirán na dotación de servizos ao terreo para que posteriormente se poida construír nel o colexio. O solar atópase na avenida de Rutis, polo que poderá dar servizo tanto a Vilaboa como ao Burgo e Acea de Ama.
O terreo foi adquirido polo concello para poder dar servizo educativo aos veciños de Culleredo no futuro. O Concello dedicou á operación un montante superior aos 200.000 euros, polo que son sobre 350.000 euros os destinados polo goberno local.
O goberno local espera que a construción do colexio xunto coa próxima de instituto poidan dar servizo educativo que os veciños merecen.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER