O novo curso escolar comezará con melloras efectuadas polo Concello de Culleredo en todas as gardarías, escolas unitarias e colexios do municipio. Trátase dun conxunto de traballos de acondicionamento trasladados polos directores dos centros e que o Concello acomete para incrementar as prestacións aos alumnos.
Unha das principais actuacións consiste no pintado de aulas nos colexios. Renovouse a pintura dun total de 14. Os arranxos tamén se suceden en elementos como portas, xanelas ou persianas, que habitualmente necesitan melloras cada ano.
O Concello tamén acomete reparacións de danos nos servizos, nos peches dos patios ou nos xogos infantís. A rede eléctrica é outro dos puntos acondicionados, incluíndo a colocación de enchufes.
O maior esforzo investidor realizarase de forma inminente na colocación de tarima no polideportivo cuberto do CEIP Ría do Burgo. O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, explica que a colocación deste pavimento "mellorará substancialmente as condicións para a realización de calquera actividade deportiva".
En total, o goberno municipal destina 100.000 euros de fondos propios a todas estas actuacións. "Queremos que os centros dispoñan de óptimas condicións ao comezo das clases", sinala Sacristán, quen apunta á educación como unha das prioridades do equipo de goberno.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER