O Concello de Culleredo tamén apoia aos pais e nais no seu traballo educativo cos seus descendentes. O goberno local abre a inscrición na Escola de Nais e Pais, un proxecto que pretende servir de apoio aos participantes no desempeño do seu papel cos seus fillos.
Este programa ten entre os seus fins e responsabilidades esenciais a divulgación de temas e contidos de especial relevancia e significación para todos os pais e nais preocupados pola educación dos seus fillos/as.
A concelleira de Educación, Carmen Varela, apunta que os participantes recibirán unha formación sobre o seu rol de orientadores cos seus fillos. "Trátase de crear un espazo de encontro entre a familia e a escola tendo como referencia a educación dos fillos/as, ofrecendo información e recursos para o devandito labor", explica.
O funcionamento da Escola de Nais e Pais comprenderá entre outubro e maio. As sesións serán con carácter quincenal. Haberá grupos pola mañá e pola tarde, para favorecer a participación.
Na Escola abordaranse situacións máis próximas a eles e aspectos máis específicos sobre a educación dos fillos, ben da infancia ou da mocidade. Por exemplo, da nenez trataranse aspectos como os estilos educativos, falta de escoita dos fillos, premios e castigos, alternativas ao castigo ou como eliminar un mal comportamento.
E sobre a adolescencia abordaranse cuestións como estratexias de conversación, identificación de situacións problemáticas, resolución de conflitos, o fracaso escolar ou técnicas de estudo.
Pódense descargar a continuación as follas de inscrición. Máis información no departamento municipal de Educación, situado no Pazo de Vila Melania, en Vilaboa (981661208).
Vista previa | Adjunto | Tamaño |
---|---|---|
triptico_interior_escola_de_nais_e_pais.pdf | 238.25 KB | |
triptico_exterior_escola_nais_e_pais.pdf | 228.15 KB |
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER