O Concello incorpora catro novos coches patrulla para a Policía Local

A Policía Local de Culleredo conta desde agora cun parque móbil máis grande e con mellores prestacións. O Concello presentou de forma oficial os catro novos coches patrulla, que xa os axentes utilizan no seu traballo de seguridade polo municipio.

O acto de presentación estivo presidido polo alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, e o primeiro tenente de alcalde e responsable de Seguridade Cidadá, José Ramón Rioboo. Estiveron acompañados polo xefe da Policía Local, Ricardo Dovigo, e varios axentes, que lles mostraron as características dos novos vehículos.

Con esta incorporación dos novos coches patrullas, o Concello logra incrementar a frota, que pasa de 5 vehículos a 7. Agora a Policía Local conta con 5 coches patrulla, un todoterreo, unha furgoneta para incidencias e dúas motocicletas.

"Imos mellorar as prestacións con coches novos e moi equipados", afirmou Sacristán. O rexedor destacou que o parque móbil é acorde coa aposta pola seguridade cidadá do goberno local, unha "prioridade", sinalou.

Os novos coches teñen un equipamento moi completo para posibilitar todo tipo de necesidades de intervención dos axentes: lanternas recargables, altofalante, cintos eléctricos para os asentos traseiros, extintor, etc.

Os vehículos veñen equipados con Bluetooth para poder atender con comodidade ao móbil, pero ademais o Concello realizou unha mellora. O Bluetooth pódese vincular co equipo de transmisión da Policía, posibilitando así ao condutor poder seguir manexando o volante.

Rioboo explicou que esta ampliación dos vehículos "responde ao interese deste goberno municipal por ofrecer os mellores servizos de seguridade cidadá" e para iso, engade, "a Policía Local debe contar con medios modernos que se adapten ás necesidades do municipio". Con estes novos coches, o primeiro tenente de alcalde apuntou que reforzarase a vixilancia continua polas rúas de Culleredo e a atención directa e rápida ao veciño.

O Concello incorpora estes vehículos mediante a modalidade de renting, por un prazo máximo de 4 anos. Este novo contrato mellora notablemente ao anterior ao conter máis vehículos e con maior aforro.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina