O Concello de Culleredo dirixe esforzos en materia de educación viaria para os mozos do municipio. Tras a boa resposta obtida o ano pasado na súa estrea, e a petición dos propios mozos, o goberno municipal promove unha formación en condución segura, para preparalos de cara a afrontar situacións difíciles ao volante.
O curso de condución segura levará a cabo en dúas edicións o fin de semana do 25 e 26 de outubro. As sesións impartiranse no espazo multiusos do paseo marítimo do Burgo, en horario de 9:00 a 18:00.
Está dirixido a mozos, con preferencia para os empadroados en Culleredo, con idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos. Será necesario presentar o carné de conducir para poder realizar as prácticas.
O concelleiro de Xuventude, Juan Carlos Lovelle, destaca que a formación terá tanto contidos teóricos, con maquetas e material audiovisual, como prácticos, para que os mozos adquiran destrezas de condución ante situacións adversas.
Así, apunta, as prácticas ensinarán a manexar o coche cun firme deslizante. "Os riscos por choiva son dos máis frecuentes en Galicia e por iso o curso irá encamiñado a saber superalos", afirma.
Para asistir aos cursos é necesario inscribirse previamente no centro municipal Pablo Picasso. O prazo xa esta aberto e finalizará o vindeiro luns 20 de outubro.
Vista previa | Adjunto | Tamaño |
---|---|---|
triptico_conduccion_segura_2014.pdf | 1.24 MB |
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER