Protección Civil de Culleredo forma nas actuacións en caso de accidentes

A formación para os voluntarios e profesionais de Protección Civil é fundamental para o goberno de Culleredo de cara a ofrecer o mellor servizo de atención aos cidadáns. Neste sentido, o Concello colaborou coa Academia Galega de Seguridade no curso que se acaba de impartir na base de Protección Civil en Culleredo.

Nesta ocasión, o obxectivo consistiu en preparar aos efectivos para os labores de intervención ante accidentes de estrada. Participaron unha vintena de voluntarios e profesionais de diferentes municipios da comarca como A Coruña, Oleiros, Sada, Arteixo ou Culleredo.

O curso contivo tres bloques de contidos. O primeiro referiuse aos primeiros auxilios. Os alumnos adquiriron destrezas para a inmovilización de vítimas, o rescate en casos de incendios, ou o control do escenario en caso de catástrofes. Foi impartido por un médico do 061, Fernando Mosteiro.

O segundo bloque consistiu nunha introdución ás situacións de accidentes de tráfico: causas dos accidentes, como actuar, a sinalización, ou valoración de riscos. Foi impartido por Sergio Naya, coordinador de Emerxencias do Concello de Culleredo.

E o terceiro bloque centrouse na excarceración e no transporte de mercadorías perigosas. Os alumnos aprenderon a manexar equipos de excarceración e a actuar en caso de accidente dun vehículo que transportara mercadorías perigosas. Foi impartido polo bombeiro Mauricio Calvo.

Na tarde do sábado realizouse un simulacro de accidente de tráfico e os participantes tiveron que efectuar a correspondente intervención, incluíndo a excarceración.

O alcalde, Julio Sacristán, e o concelleiro de Protección Civil, Alberto Veira, acudiron ás prácticas. Destacaron a importancia da iniciativa para formar aos efectivos en situacións que son comúns na comarca. "É unha formación que pode lograr salvar vidas", afirmou Veira.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina