Culleredo converteuse onte na capital galega do teatro, coa gala final do I Certame de Teatro Afeccionado do Concello. O goberno local destaca que se trata do único certame destas características, a nivel nacional, da contorna.
Os premiados foron:
1º PREMIO MELLOR OBRA: MEDEAE MULTAE SUNT de Caruncho Teatro
2º PREMIO MELLOR OBRA: GAME OVER de Elenco 11, Asociación Cultural Teatro Sinfín
3º PREMIO MELLOR OBRA: FALÚA'S FLYING CIRCUS de Teatro Da Falúa
MELLOR DIRECCIÓN: DIEGO MARTÍNEZ SORIA de Elenco 11, Asociación Cultural Teatro Sinfín
MELLOR INTERPRETACIÓN: DAVID CARREIRA de Teatro Da Falúa
MELLOR INTERPRETACIÓN: PAULA PIER de Moito Morro Teatro
MELLOR ESCENOGRAFÍA: GAME OVER de Elenco 11, Asociación Cultural Teatro Sinfín
MELLOR VESTIARIO: MEDEAE MULTAE SUNT de Caruncho Teatro.
A gala encheu onte o Conservatorio coa calidade das obras representadas. A concelleira de Cultura, Alicia Ferreiro, destaca a actividade cultural que se desenvolveu no municipio coa representación das 5 obras finalistas este mes de novembro.
O goberno local ten intención de, ante o éxito deste primeiro certame, repetilo para que se consolide como un "referente nacional" do teatro. Esta actividade, que congrega a máis de 200 persoas en Culleredo, ten un compoñente educativo fundamental ao promover a superación e o traballo en equipo entre os adolescentes.
O Concello quere agradecer o labor organizativo do Teatro El Ruiseñor así como aos membros do xurado, con artistas reputados como María Barcala.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER