O goberno de Culleredo deseña unha potente programación do Nadal para impulsar o comercio local. A concelleira de Promoción Económica, Marta Iglesias, o edil de Dinamización Local, Juan Carlos Lovelle, e o presidente da Asociación de Comerciantes de Culleredo, José Luís Vilariño, presentaron a campaña, que conterá actividades e animación durante todo o Nadal.
As actividades comezaron o venres 5 de decembro, co aceso da iluminación do Nadal. O Concello dispuxo elementos nas rúas comerciais, así como en lugares de maior paso como as rotondas ou a gran árbore xunto á casa consistorial.
En paralelo a este aceso das luces, a Asociación de Comerciantes organizou unha chocolatada gratuíta nas rúas peonís.
O groso da campaña desenvolverase nas dúas semanas propias do Nadal. Talleres de diversa clase e animación comercial encherán de posibilidades aos veciños, que poderán realizar as compras mentres os nenos dispoñen das súas actividades.
O venres 19 e o luns 22 pola tarde, de 18.00 a 20.00 horas, comezará a animación na rúa e os talleres en Vilaboa (Vila Melania) e en Fonteculler (centro sociocultural). Haberá obradoiros de galletas e de confección de calcetíns de Papá Noel.
O martes 23, Papá Noel recibirá aos nenos no seu trono en Vila Melania. Será de 17.00 a 20.00 horas. O venres 26 os talleres serán de pulseiras e chaveiros de trapo. E o 29 e 30 haberá talleres de sobremesas do Nadal na aula da Maquía.
Xa co ano novo a praza de Europa converterase no centro neurálxico da actividade. Os días 2, 3 e 4 unha gran carpa albergará inchables, concurso de karaoke, talleres de globoflexia, chapas e chaveiros xogos cooperativos e unha zona de xogos en familia.
Finalmente, a cabalgata desenvolverase o 5 de xaneiro, con carpas no Burgo e Vilaboa, onde serán recibidos os Reis. Haberá animación con picadiscos.
Lovelle destacou que se elaborou unha programación "variada e adaptada aos gustos de toda a familia". Os edís consideran que o tecido comercial cullerdense "merece a pena" ser coñecido e por iso o Concello quere esforzarse en promocionalo aproveitando o Nadal.
Vista previa | Adjunto | Tamaño |
---|---|---|
diptico_concello_culleredo_navidades_2014-2.pdf | 2.41 MB |
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER