O Concello formará en primeiros auxilios a xogadores, técnicos, directivos e pais do Sporting Burgo

O Concello de Culleredo emprende un ambicioso plan de formación en primeiros auxilios para que deportistas, técnicos, directivos e familiares saiban como actuar ante as incidencias que se poidan producir no transcurso dun partido de fútbol. Trátase dunha acción que executa o servizo municipal de Protección Civil, tras o acordo alcanzado entre o goberno local e a directiva do Sporting Burgo, un dos principais clubs do concello.

O plan abarca a todas as categorías de xogadores e xogadoras do club, que sumadas a adestradores e directivos alcanzarán as 225 persoas. As lesións deportivas serán un dos epicentros do plan. "É máis que conveniente que todos teñamos unhas técnicas aprendidas para saber que facer ante calquera eventualidade nun campo", afirma Alberto Veira, concelleiro de Protección Civil.

Os efectivos de Protección Civil ensinarán desde como manexar a un lesionado ante posibles escordaduras ou roturas, até situacións máis graves de perda de coñecemento ou paradas. Isto último dirixirase especialmente aos pais, directivos e técnicos.

O plan acaba de comezar. As sesións impártense nas instalacións do campo de fútbol da Lavandeira. Componse dunha parte teórica sobre as materias a tratar, vídeos, presentacións proxectadas e finalmente moitas prácticas e xogos que reforcen e desenvolvan os conceptos adquiridos.

O obxectivo principal será a educación en Primeiros Auxilios, pero tamén a Educación Viaria e a Autoproteción, que proporcionará aos alumnos conceptos e procedementos útiles para a vida cotiá e para que desenvolvan a autonomía persoal.

Para os xogadores, a metodoloxía está baseada no xogo e a práctica, tentando así sacar o máximo proveito aos elementos lúdicos para favorecer unha mellor aprendizaxe en idades temperás. As dinámicas que se prepararon para este proxecto educativo foron elaboradas coa axuda da educadora infantil Patricia Vila, que colaborou de forma desinteresada nesta campaña.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina