A costa da Lonxa, unha das vías principais do Burgo, presenta unha nova organización para facilitar o seu uso aos veciños. O Concello iniciou á primeira hora da mañá os traballos, para variar a sinalización horizontal da rúa.
Un dos principais beneficios que se logra é o incremento das prazas de estacionamento. O Concello cambiou na zona alta da vía o aparcadoiro, ata agora en liña, a batería, duplicando así o espazo para estacionar.
Esta mellora no aparcadoiro únese á acometida no verán na parte baixa da rúa, onde se organizou correctamente o estacionamento en batería para gañar postos.
A Concellaría de Seguridade Cidadá decidiu, ademais de incrementar o aparcadoiro, mellorar a seguridade viaria na vía. Así, pintouse a sinalización de Stop na confluencia da costa da Lonxa coa rúa Elisa Aperribay, dando preferencia á incorporación desde a avenida principal.
O primeiro tenente de alcalde, e responsable de Seguridade Cidadá, José Ramón Rioboo, avanza que nos próximos días proseguirán os traballos de mellora da sinalización viaria en varios puntos do Concello, identificados pola Policía Local. Rioboo explica que son pequenas actuacións pero que "significan moito" en canto a lograr un "tráfico máis seguro" en rúas de elevado uso.
En concreto, a costa da Lonxa acumula unha importante intensidade de tráfico ao ser unha conexión entre a Nacional 550 e a AC-211, e ao albergar unha ampla trama residencial con equipamentos e negocios.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER