O Concello de Culleredo abriu as súas portas aos máis pequenos do municipio. Os escolares, de 4º de educación primaria, iniciaron hoxe o programa de educación constitucional promovido polo goberno local para facerlles chegar a forma de traballar da administración municipal.
A actividade consistía en que os nenos tiñan que pescudar unha serie de cuestións sobre o funcionamento de cada unha das áreas. Despois dunha explicación inicial no salón de plenos, a cargo da edila de Educación, Carmen Varela, os pequenos dividíronse en pequenos grupos para "investigar" polo Concello.
Entre as dependencias que visitaron na casa consistorial estivo a alcaldía. O rexedor, Julio Sacristán, recibiu no seu despacho aos pequenos, que non dubidaron en exporlle todas as dúbidas que lles xurdiron.
"Estás canso de ter que solucionar os problemas d xente?", preguntou un dos nenos. ?O que cansa máis é ás veces non poderlles dar unha pronta solución", explicoulle o primeiro edil.
Un dos aspectos que máis chamou a atención aos nenos foi a pequena exposición que ten o Concello na planta baixa, dedicada ao campión de motociclismo cullerdense José Ramallo "Pequecho". "Por que hai un traxe dun astronauta?", cuestionaba un dos pequenos en referencia ao buzo de Pequecho que se pode ver no consistorio.
Os escolares, hoxe procedentes do CEIP Sofía Casanova, de Vilaboa, visitaron áreas como secretería, obras, urbanismo ou informática. "Queremos que vaian coñecendo como traballa o Concello e os servizos que teñen como cidadáns", apunta Varela.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER