O Concello executa as obras de urbanización da parcela para un futuro colexio

O Concello de Culleredo xa ten en marcha as obras de urbanización da parcela que acollerá un novo colexio de educación infantil e primaria. Sitúase na avenida de Rutis, entre Vilaboa e O Burgo, e o proxecto ten como obxectivo dotar ao terreo dos servizos necesarios para a construción do centro de ensino.

Os traballos comezaron polo necesario movemento de terras na parcela, un total de 1.500 metros cadrados. Logo colocarase zahorra artificial, levantaranse bordos e construiranse as beirarrúas.

Outro dos servizos que se proporcionará será o abastecemento. Instalarase a rede, conectándoa coa xeral da avenida de Ribados, deixando preparadas as acometidas para o novo centro.

En canto a saneamento, instalaranse 411 metros de colectores con 11 pozos de rexistro e 8 sumidoiros de pluviais.

Tamén levarase a cabo a instalación da iluminación pública, reformando o cadro de mando existente, canalizando a rede e colocando os puntos de luz. E a instalación para a rede de telecomunicacións, en vía subterránea.

O Concello destinou un orzamento de 190.000 euros á actuación, con parte do financiamento achegado pola Deputación da Coruña.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina