Culleredo homenaxeou ás mulleres deportistas do municipio con motivo da celebración do Día da Muller de 2015. Deportistas e clubs con seccións femininas participaron no acto organizado polo Concello e que se desenvolveu no salón de actos do Conservatorio municipal.
Recibiron a homenaxe as seguintes deportistas ou seccións femininas completas:
As deportistas recibiron o recoñecemento de mans do alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, da concelleira de Benestar Social, Lupe Pombo, da concelleira de Muller, Penélope López, e do edil de Deportes, Miguel Suárez.
Sacristán felicitou a todas as homenaxeadas polo seu "esforzo e superación" no deporte e enxalzou o seu exemplo como triunfadoras nun mundo que por sorte cada vez é máis igualitario.
A música non faltou no evento tamén a cargo de mulleres: o dúo de saxofón e piano formado por Natalia Lodeiros e Mariña López, e a cantautora Bea a de Estrela.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER