O Concello defenderá a construción dunha nova escola infantil en Culleredo

O Concello de Culleredo avogou sempre por unha rede pública de escolas infantís co obxecto de poder atender aos pequenos de 0 a 3 anos de idade. Unha iniciativa para favorecer a conciliación a moitas familias e que ademais veu cultivando un éxito sobresaliente.

En Culleredo hai tres escolas infantís públicas, a través do Consorcio Galego do Benestar, dependente da Xunta: no Burgo, Vilaboa e Fonteculler. Nos últimos anos as listas de espera eran grandes e o Consorcio acaba de dar a coñecer as listas definitivas reafirmouse a necesidade de, polo menos, unha cuarta escola en Culleredo.

Son 251 pequenos os que quedan sen praza, en lista de espera: 180 na franxa de 1 a 2 anos, e 71 na franxa de 2 a 3.

Estes datos incontestables farán que o Concello insista no seu defensa dunha nova escola infantil. O goberno municipal ofrecerá á Xunta ou ben locais municipais ou ben terreos para que esta poida tramitar a nova apertura.

O Concello considera que é unha petición lóxica e razoable dadas as cifras de familias que non puideron a acceder a unha praza. E por iso ofrece toda a súa colaboración coa Xunta para facer realidade en principio unha cuarta escola.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina