O Concello lanza un programa de formación para os mozos que deixaron os estudos

No seu traballo de apoio á educación, o Concello de Culleredo lanza un programa formativo para os adultos, especialmente os mozos, que abandonaron os estudos sen finalizar secundaria. Trátase do programa SuperaT, que terá lugar durante o verán.

O obxectivo é preparar aos mozos para que poidan superar as probas libres de obtención do título de ESO. Para iso, o Concello organiza clases nas que traballar as distintas materias que comporán o exame.

Así abarcará os ámbitos de estudo científico-tecnolóxico, social, e de comunicación. Ademais das clases de apoio, os mozos tamén recibirán orientación das posibles saídas laborais ou formativas ás que poderán acceder tras obter a ESO.

As probas están fixadas para o 9 de setembro e por iso o Concello fixa estas clases para o verán. Levaranse a cabo en Vilaboa, no pazo de Vila Melania, os martes e xoves en horario de 10.00 a 12.00.

O prazo para inscribirse nesta iniciativa comeza hoxe luns 15 de xuño. Os interesados poden dirixirse ao departamento municipal de Educación, sito en Vila Melania. Máis información en 981 661 208 ou en educación@culleredo.org.

Vista previaAdjuntoTamaño
programa_superate_anverso.pdf194.93 KB
programa_superate_reverso.pdf229.52 KB

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina