Culleredo buscará sensibilizar sobre os trastornos de personalidade na II Andaina Solidaria da asociación TP GALICIA polo monte Xalo. Terá lugar o domingo 4 de outubro, en colaboración co Concello de Culleredo e con Castelo Deporte.
A andaina desenvolverase a partir das 11.30 horas desde Celas de Peiro, cun percorrido de 7 quilómetros.
A actividade ten como finalidade, ademais de sensibilizar á poboación sobre a estigmatización que hai sobre as persoas que padecen estes trastornos, a de recadar fondos para que a entidade poida dar cobertura a un grupo de apoio de persoas con trastornos de personalidade e familiares en Culleredo.
Estableceuse unha cota de inscrición de 15 euros, 10 euros no caso dos nenos ata 12 anos, para propiciar esa recadación de fondos. A inscrición inclúe a degustación de paella ao final da marcha.
As inscricións poden facerse no teléfono 699 258 993, no mail iiandainatp@yahoo.es, en Casa Rodríguez, ou na Escada.
A concelleira de Benestar Social, Lupe Pombo, anima á cidadanía a participar na actividade, para contribuír cos fondos que son tan necesarios para as persoas con estas doenzas. Ademais, destaca que se trata dunha acción “saudable e que servirá para concienciar á sociedade”.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER