O Concello de Culleredo segue incrementando os medios das forzas de seguridade do municipio. Nesta ocasión, o goberno local incorpora un novo vehículo ao servizo municipal de Protección Civil.
Trátase dun todoterreo, tipo pick-up. O vehículo foi logrado polo Concello a través dunha subvención lanzada pola Xunta de Galicia. O primeiro tenente de alcalde e responsable de Seguridade Cidadá, José Ramón Rioboo, acompañado dos mandos de Policía Local e de Protección Civil, recibiu hoxe o vehículo nun acto celebrada na Academia Galega de Seguridade na Estrada.
O todoterreo servirá para incrementar as prestacións dos efectivos nas súas intervencións, especialmente nas que requiran un acceso máis complicado. Esta pick-up únese ao camión de emerxencias xa adquirido polo Concello para Protección Civil.
A renovación do parque móbil permite intervencións rápidas efectivas, para atender aos veciños con menor dependencia do parque comarcal.
O equipo de goberno tamén incorporara anteriormente catro novos coches patrulla á Policía Local.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER