Culleredo será sede este fin de semana da proba que pecha a edición 2015 do Campionato Galego de Trial. A parroquia de Orro é o escenario elixido para dirimir unha competición que este ano está a ser moi apretada.
A proba está organizada polo Motoclub Trialco e conta coa colaboración do Concello de Culleredo, a Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e a Federación Galega de Motociclismo.
O sábado ás 15:00 comezarán próbalas alevín, xuvenil e a especial de motos clásicas. Xuntarán a 32 participantes. E o domingo ás 9:45 sairá o primeiro piloto da categoría absoluta, que sumará 31 deportistas.
O paddock estará situado na sede da asociación de veciños de Orro e as probas disputaranse polos montes da parroquia.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER