O investimento do Concello de Culleredo nos centros de ensino do municipio, aínda sen ser da súa competencia, dá un novo paso. O goberno local tramita a licitación da instalación dunha cuberta no CEIP Sofía Casanova de Vilaboa sobre o patio infantil do centro.
O obxectivo da actuación consistirá en protexer aos pequenos das inclemencias meteorolóxicas. Así se garantirá que poidan usar os xogos con independencia da choiva.
A cuberta proxectada terá unha estrutura de madeira laminada e tratada, dado que se atopa á intemperie e preto do mar. O teito, a unha auga, terá material translúcido para preservar a entrada de luz ás aulas da planta baixa.
A actuación contrátase cun orzamento de 87,762.77 euros. O investimento realízase a cargo do superávit cultivado o ano pasado polo Concello.
Non será a única obra que o goberno local realizará no Sofía Casanova baixo este plan. O Concello renovará a pista polideportiva do centro, utilizada tanto para a docencia como para a práctica deportiva de clubs e veciños, ademais de actividades municipais.
En total, o Concello investirá 614.000 euros do superávit en centros de ensino. Ás obras xa mencionada hai que sumar a instalación de cubertas nos patios do CEIP Tarrío e CEIP Ría do Burgo.
O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, resalta que desde o goberno municipal están a facerse "todos os esforzos posibles" por contribuír a mellorar as prestacións dos colexios. Aínda que sexan da Xunta, o rexedor entende que é "prioritario" que os veciños conten con óptimas condicións educativas.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER