O Concello de Culleredo levará ao municipio o coñecido Reto Quimions. É un proxecto que consiste na elaboración de fundas con debuxos infantís para cubrir as bolsas de fármacos que precisan nenos e nenas sometidos a tratamentos de oncoloxía.
Os quimions elabóranse de forma manual, con tea de feltro de diferentes cores. O Concello organiza, para a semana que vén, tres sesións do reto:
Nos dous primeiros casos, coa implicación das asociacións destes núcleos, están pensados para a participación de adultos, dado que é necesario coser. Por iso, anímase a que poidan ir acompañados de nenos. No último caso, directamente na Biblioteca Municipal, destínase a nenos de 9 anos en diante.
O reto consiste en dotar á sala de oncoloxía pediátrica do hospital da Coruña, así como a todas as habitacións da planta terceira (infantil), de Quimions para todos.
O obxectivo desta iniciativa é tentar que o tratamento de quimioterapia e a estancia no hospital sexan máis levadíos, amenos e menos traumáticos para os pequenos, de modo que se poidan distraer, por un momento, da súa doenza.
O goberno local anima aos veciños a formar parte deste reto altruísta e cun obxectivo honorable para o que merece a pena axudar.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER