O Concello de Culleredo volverá en 2016 a superar os seus valores máis altos de investimento en servizos sociais. Os orzamentos aprobados o pasado martes no pleno municipal permitirán un gasto de 2.513.405 euros en benestar social, cifra marca do Concello, incrementándose en máis de 100.000 euros con respecto ao ano pasado.
O goberno local afianza así a nivel económico a súa reiterada aposta de fixarse os servizos sociais como prioridade máxima. Este investimento engloba campos como a atención á dependencia, os programas de emerxencia social, a atención á muller, a asistencia a persoas con discapacidade ou o emprego social.
As axudas para persoas en risco de exclusión auméntanse cada ano en Culleredo. En 2016 contan cunha consignación inicial de 284.000 euros, un 11,8% máis que en 2015, pero o alcalde, Julio Sacristán, subliña que esa partida "incrementarase o que sexa necesario sen ningunha dúbida".
A atención á dependencia supón o principal investimento social do Concello, con 892.845 euros. Débese sobre todo ao servizo ofrecido desde o Concello ás persoas dependentes que non reciben a asistencia desde a Xunta e ao servizo complementario a aquelas que si o reciben.
Unha novidade para 2016 será a creación dun programa de inclusión social a través do emprego. Pola súa banda, o programa de atención á diversidade alberga o funcionamento do centro municipal A Escada, e o programa de igualdade, o mantemento da vivenda tutelada, entre outras partidas.
O goberno municipal considera que os servizos sociais deben estar no rumbo político da administración. A seña de identidade de Culleredo é o benestar social e así continuará sendo en 2016.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER