O Concello de Culleredo colocou sinalización luminosa na contorna da zona escolar de Acea de Ama para aumentar a seguridade viaria. Cada día lectivo pasan pola zona centos de alumnos do CEIP Isaac Díaz Pardo e Sofía Casanova, así como do novo IES, ao que hai que engadir a gran afluencia de nenos e mozos ao parque deportivo, e por iso optouse por reordenar a sinalización e colocar nos diversos accesos indicacións dos pasos de peóns.
As sinais contan con pilotos luminosos que de forma intermitente a resaltan para os condutores. Isto permite que especialmente nos momentos de pouca luz, como a entrada aos centros educativos á primeira hora da mañá, se vexa reforzada a seguridade viaria.
É un primeiro paso de medidas de tráfico que planea o Concello para esta zona escolar, do mesmo xeito que para a contorna de resto de colexios.
Tomar medidas para reducir a velocidade dos vehículos será un dos obxectivos, apunta José Ramón Rioboo, primeiro tenente de alcalde e responsable de Seguridade Cidadá. A Policía Local estuda o establecemento de novas zonas 30, contemplando que zonas deben ser 30 permanente e cales zona 30 en horario lectivo e 40 no resto.
Outra das accións será a elevación de pasos de peóns, medida xa establecida en varios lugares do municipio e que obriga a diminuír a marcha ao tráfico rodado.
Rioboo sostén que as actuacións en materia de seguridade deben ir coordinadas entre as forzas de seguridade e o departamento municipal de Obras. Neste sentido, desde o Concello priorizouse, dentro do proxecto de remodelación de Tierno Galván, a mellora das beirarrúas na avenida de Rutis, executada no pasado Nadal.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER