O Concello de Culleredo incorporou numeroso equipamento ao servizo municipal de Emerxencias, incluíndo á agrupación de voluntarios, para lograr intervencións máis numerosas e eficaces. Equipos de última xeración permiten actuacións rápidas en casos de incendios ou accidentes, reforzando o servizo de primeira intervención para os veciños de Culleredo.
Nos dous últimos anos, o investimento superou os 45.000 euros en equipamento, cifra superior á dedicada na suma dos anos anteriores, destaca o coordinador do servizo, Sergio Naya. Algunhas das adquisicións foron as seguintes:
O máis valioso foi a cámara térmica, que permite en caso de incendio localizar a fonte do lume e mellorar as operacións de salvamento. E os traxes ignífugos, que habilitan para actuar nos incendios sen ter que esperar necesariamente aos Bombeiros.
Coa cámara térmica, Protección Civil pode atopar puntos quentes, útil sobre todo en chemineas ou falsos teitos. Isto incrementa a seguridade na actuación e leva unha extinción máis eficaz.
As distintas necesidades de vestiario dos efectivos foi outro das necesidades cubertas, con traxes de auga, vestiario para efectivos e voluntarios ou traxes para o traballo coas avispas.
O primeiro tenente de alcalde e responsable de Seguridade Cidadá, José Ramón Rioboo, sinala que a aposta por contar cun servizo eficaz de primeira intervención plasmouse en investimentos reais para os efectivos e voluntarios. "Isto permitiunos efectuar un maior número de intervencións e satisfacer a demanda da cidadanía", resalta.
En efecto, en 2015 o servizo realizou 1.494 intervencións, superando sensiblemente as 1.207 do ano anterior
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER