O Concello dedica o Día da Muller ás artesás de Culleredo

O Concello de Culleredo amplía a programación de actos para conmemorar o Día da Muller. Nesta ocasión, a proposta municipal enfocará a celebración ás mulleres artesás de Culleredo, baixo o título de "Enfiando camiños". "O obxectivo é visibilizar o papel da muller neste campo e polo en valor", explica Lupe Pombo, concelleira de Benestar Social e Igualdade.

O acto central terá lugar o 8 de marzo, o propio Día da Muller, no Conservatorio Municipal de Música ás 19.00 horas. O Concello contará cunha artesá de referencia en Galicia, como é a zoqueira Elena Ferro, que dará unha charla explicando a súa experiencia de converter produtos artesanais en modernidade sen renunciar ao tradicional.

Xunto a ela, participará tamén un grupo de mulleres cullerdenses, que representan os diversos oficios artesáns, como son: Maruja Campá e Maruja Naya, as panadeiras da Panadaría Naya, Conchi Canoura, investigadora e deseñadora de encaixes, Pilar García, bordadora de Castro-Laxe, Marisol Conde, de Artesanías de Soedade, mestra de talleres de artesanía con mulleres de etnia xitana neste concello, Pepa Veira, de Fonteculler con labores con fío, e Mª Jesús Castiñeira, educadora que traballa con mulleres con discapacidade, no Centro Ocupacional A Escada.

A música estará presente no acto, contando con alumnas do Conservatorio para a apertura e coa cantante e instrumentalista local Lydia Botana, quen nos ofrecerá unha selección de pezas dos seus últimos discos.  O acto será aberto a toda a poboación.

Ceas de mulleres
Como vén sendo tradición, as asociacións de mulleres de Culleredo tamén celebrarán o Día da Muller organizando dúas ceas:

  • Cea no Pazo de Vilaboa: venres 11 de marzo. Organizada polas asociacións de Mulleres Rosalía de Castro e Asociación de Mulleres A Xeca,
  • Cea en Celas, Casa Jacinto: sábado 12 de marzo. Organizada por un grupo de mulleres do rural.

Actividades culturais
Co fin de contribuír de maneira transversal á igualdade entre homes e mulleres con actos de empoderamiento da muller, a Concellaría de Cultura inclúe tamén contidos de xénero nas actividades da súa programación. Son as seguintes:

  • Teatro: Abrapalabra. "As do peixe", que se representou o pasado venres,
  • Tertulia de Historia: Mulleres na historia de Culleredo. Mércores, 9 e 16 de marzo, ás 11.30 e 19.30 horas respectivamente na Biblioteca de Vilaboa.
  • Presentación do libro: "Un camiño de conquistas. A historia dunha muller obstinada" de Amparo Ramallo Verissimo. En Vila Melania, o martes, 15 de marzo ás 20.00 horas.

Alfabetización de mulleres: Grupo QuereLER
Outro dos obxectivos da Concellaría de Igualdade, na liña estratéxica de igualdade de xénero e empoderamiento da muller, é proporcionar as ferramentas imprescindibles para a súa autonomía persoal, social e laboral. Para isto comezará unha acción formativa de alfabetización en escritura e en dixital para grupos de mulleres de orixe xitana, desde o mes de marzo ao mes de xuño, en horario de mañá, na aula de Informática do Centro de Vilaboa.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina