A asociación de familiares de enfermos de Alzheimer da Coruña (AFACO), coa colaboración do Concello de Culleredo, organiza unha xornada informativa sobre a enfermidade. Será o xoves 2 de xuño ás 18.00 horas en Vila Melania (Vilaboa).
Na charla exporanse aspectos importantes da doenza, facendo fincapé nos tratamentos e síntomas, así como dos hábitos de vida saudable e actividade física e mental.