Con motivo do Día Nacional do Doante de Órganos e Tecidos, o 1 de xuño, Alcer Culleredo saíu á a rúa co seu programa "Bule con Alcer", coa colaboración do Concello de Culleredo. O obxectivo consistía en sensibilizar á poboación cullerdense da necesidade de facerse doadores.
O grupo local que participa neste programa de promoción da actividade física e psíquica en enfermos crónicos realizou os seus exercicios no exterior do centro municipal O Noso Lar, en Tarrío. Tamén impulsaron unha campaña polas redes sociais co hashtag #doarédoado.
O Concello de Culleredo anima os cidadáns a decidirse a ser doantes posto que pode supor un beneficio vital para outras persoas.