O Concello de Culleredo prevé amortizar en 2016 un importe de 1.472.162,44 euros, reducindo á metade a súa débeda bancaria, que pasaría a ser de 1.988.010,18 euros. Isto supón unha porcentaxe do 12%, é dicir, 99 puntos por baixo do endebedamento permitido legalmente.
O goberno local aposta por dar continuidade a esta estratexia o próximo ano. Así, o Concello de Culleredo tería débeda bancaria cero o 1 de xaneiro de 2018.
Esta redución da débeda é posible pola achega da Deputación da Coruña, a través do Plan de Aforro e Investimento (186.975,26 euros), por vía orzamentaria do propio Concello (587.653,94 euros), e polo remanente positivo xerado en 2015 e que unha parte se dedica á amortización (698.133,24 euros).
O Concello de Culleredo, como a maioría de municipios, vén diminuíndo a súa débeda no últimos catro anos mediante importantes operacións de amortización e sen recorrer a novos créditos para financiar os investimentos.
O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, asegura que se realizou "un esforzo moi importante", tendo en conta a redución de ingresos por licenzas urbanísticas e de actividades económicas nos últimos anos. Eran os impostos que maiores ingresos supuñan aos concellos. No caso de Culleredo, nos últimos 8 anos baixaron aproximadamente de 3 millóns de euros a 100.000 euros, o que indica o gran esforzo que realizou o Concello para reverter a situación.
Pola súa banda, o primeiro tenente de alcalde, José Ramón Rioboo, destaca os resultados positivos que veñen logrando no últimos tres anos "de forma global e coordinada en todos os departamentos". E a pesar diso, o Concello segue aumentando as partidas dedicadas a investimentos e obras. De feito, o capítulo de investimentos dos orzamentos deste ano creceu un 24% con respecto a 2015.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER