O Concello de Culleredo celebra, a petición dos delegados parroquiais, reunións técnicas cos maiores do municipio. Terán lugar con obxecto de analizar as próximas actividades e poder escoitar as propostas e ideas dos veciños.
A técnica municipal encargada da área de maiores será a que asista a estes encontros, que se manterán en todas as parroquias para favorecer a asistencia dos veciños. O calendario é o seguinte:
Entre os temas previstos a abordar atópanse a organización de clausura de actividades deste curso, que será o martes 28 deste mes, e a planificación da programación de verán e da tempada 2016-2017.
O Concello sinala que os encontros son de acceso libre á cidadanía, con obxecto de que coñezan os programas municipais específicos para maiores e poidan participar realizando achegas.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER