Culleredo regresará desde o venres 1 ata o domingo 3 de xullo á Idade Media. Son as datas elixidas polo Concello para organizar este ano o Mercado Templario do Burgo, que encherá o paseo marítimo de multitude de personaxes da época.
O Mercado Medieval ofrecerá distintas opcións para todos os gustos. A ambientación musical e os espectáculos repetiranse ao longo do tres xornadas. A cetraría, os malabares ou o teatro serán algunhas das posibilidades.
Nesta edición, o goberno local potenciará a animación nas rúas do Burgo. A idea é facer partícipes aos veciños e utilizar o Mercado como foco de dinamización comercial do municipio.
Nas rúas do Mercado haberá ademais unha ampla variedade de postos. A alimentación e a artesanía serán os principais atractivos. Os nenos contarán tamén cun espazo destinado ás súas actividades, polo que será un evento propicio para acudir en familia, destaca o concelleiro de Desenvolvemento Socioeconómico, Juan Carlos Iglesias Lovelle.
Lovelle resalta a idoneidade do marco que ofrece o paseo da ría para levar a cabo este Mercado Medieval. "Animamos aos veciños da comarca a que se acheguen ata Culleredo para mergullarse nun ambiente medieval moi entretido", apunta.
Vista previa | Adjunto | Tamaño |
---|---|---|
programa_mercado_templario_2016.pdf | 916.91 KB |
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER