Culleredo esixe a Fomento que limpe a maleza da cabeceira do Aeroporto e da Estación de Tren do Burgo

 Culleredo.- 10 de agosto de 2016.- O Concello de Culleredo demanda a AENA dependente do Ministerio de Fomento que limpe de maleza  a cabeceira do Aeroporto de Alvedro e a ADIF, dependente do mesmo organismo, que limpe a Estación de Tren do Burgo. Ambas as infraestruturas atópanse rodeadas de maleza o para a imaxe do municipio. Segundo o goberno local, AENA debe ser consciente de que o perímetro do aeródromo é parte da imaxe do concello e que non pode ser descoidado polo organismo estatal, xa que dana non só ao ornato do Concello senón da propia infraestrutura aeroportuaria.
 
Moitos veciños solicitaron o Concello que tome medidas ante as herbas que chegan á estrada que circunvala o aeródromo. O Concello xa instou ao ente estatal a tomar medidas e espera que as tome  nos vindeiros días.
 
O alcalde en funcións, José Ramón Rioboo, demanda que a limpeza se realice canto antes posto que por coherencia "non se lle pode esixir aos veciños que limpen as súas propiedades de maleza para cumprir coas ordenanzas e evitar incendios e logo comprobar cas administracións non dean exemplo", apuntou. Lembra que se reuniu coa empresa concesionaria do servizo de limpeza de cunetas e leiras municipais para coordinar as áreas que aínda non foron arrombadas. "Nós xa tomamos medidas para limpar as áreas da nosa responsabilidade que ainda non están limpas, por iso pedimos a ADIF e AENA que fagan o propio coas súas", reiterou Rioboo.
 
O Concello de Culleredo emitiu un bando no mes de maio onde esixía aos propietarios de leiras privadas que mantivesen os seus solares limpos coa intención de evitar incendios e mantelos en condicións de seguridade, ornato público e salubridade e hixiene.
 
 
 

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina