O Concello pechou o 2015 cun superávit de 2,6 millóns

A boa saúde económica do Concello de Culleredo volve quedar de relevancia na conta xeral do pasado exercicio 2015, que foi aprobada na Comisión Especial de Contas e que está agora exposta ao público. Todas as magnitudes económicas presentan bos resultados, consolidando o crecemento da economía local.

Os dereitos recoñecidos netos foron superiores ás obrigacións recoñecidas netas. En concreto, os dereitos recoñecidos ascenderon a 21.613.911,46 euros e as obrigacións a 20.134.713,21 euros.

Realizados os axustes orzamentarios para achar o resultado real, o Concello pechou 2015 cun superávit de 2.614.754,24 euros. É o cuarto ano consecutivo que o Concello de Culleredo pecha o exercicio económico con superávit.

O remanente é o indicativo da situación real das arcas municipais. O traballo económico do Concello lévalle a lograr un remanente de 5.607.714,21 euros, un millón e medio de euros maior que o logrado no anterior exercicio, a mellor cifra dos últimos anos.

A consecuencia directa de dispor de remanente positivo será que o Concello poderá acometer novos investimentos, a condición de que sexan financieramente sustentables segundo o texto refundido da lei reguladora de facendas locais. Grazas a esta posibilidade, o goberno local xa programou actuacións como a remodelación do paseo do río Trabe ou a renovación de parques infantís e infraestruturas deportivas e educativas.

Os resultados positivos das contas sinalan que o Concello podería recorrer a operacións de crédito bancario, ao lograr un aforro neto positivo, en concreto de 4.181.523,96  euros, e unha capacidade de financiamento, desde o punto de vista financeiro, de 1.642.689,18 euros millóns. Con todo, o alcalde explica que a súa intención é empregar o superávit para investimentos e para amortizar e non recorrer a crédito bancario.

Julio Sacristán destaca que todas as variables económicas presentan un "crecemento notable2 permitindo un marco económico moi positivo para seguir programando novos investimentos. Para estes resultados, apunta o rexedor, resulta clave o traballo coordinado entre áreas e o esforzo para a contención do gasto.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina