Completado o arranxo na rede de semáforos da AC-211

A reparación da rede de semáforos era unha das prioridades do Concello de Culleredo tras recibir a cesión da AC-211 por parte da Xunta de Galicia. A día de hoxe, a rede xa foi reparada e atópase en estado óptimo para regular a circulación na vía pública.

O Concello acaba de completar o arranxo dos semáforos en Fonteculler, Acea de Ama, O Burgo e tamén en Vilaboa, na intersección de Alcalde Domingo Sierra coa N550, encima da autoestrada.

Os traballos incluíron en primeiro lugar a substitución das ópticas LED que estaban fundidas. En total foron 40 as cambiadas, principalmente situadas no verde dos vehículos. E tamén nos repetidores (as luces baixas).

Outro dos elementos nos que se actuou foron os pulsadores. Localizáronse varios deles rotos. Mesmo algúns presentaban auga no seu interior, o que provocaba un mal funcionamento, acendendo o semáforo aínda que non cruzase ninguén, o que retardaba a circulación.

Así mesmo, reparouse o semáforo da avenida de Fonteculler, situado xunto ao colexio Ponte Pasaxe, que tiña roto o soporte.

Ademais, no mencionado cruzamento de Vilaboa reorientáronse os semáforos, movidos polo golpeo de camións.

Agora o plan do Concello para por efectuar unha análise dos fluxos de tráfico para adoptar posibles cambios na frecuencia dos semáforos. O actual cadro, que era o marcado pola Xunta ao ser a estrada da súa propiedade, provén de 2010. O goberno local, mediante aforadores, poderá establecer cambios segundo o que ditamine a Policía Local para contribuír á fluidez do tráfico e a seguridade viaria dos peóns.

O primeiro tenente de alcalde, José Ramón Rioboo, explica que a mellora da rede de semáforos era moi desexada polo goberno local e os veciños e agora ao recibir a AC-211 púidose acelerar desde o Concello ao ser competencia municipal. Rioboo sinala que ao ter agora a xestión directa da vía promoverase un mantemento eficaz que evite que se estean moitos meses esperando por unha solución como ocorreu con estes semáforos.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina