O Concello de Culleredo celebra a final da súa máis emblemática competición de fútbol: o Trofeo de Fútbol Afeccionado, que alcanza este ano o seu XXXIX edición. Será ás 18.30 horas no campo de fútbol de Rutis, enfrontando ao Portádego co Culleredo.
Ademais, neste caso pola mañá, terá lugar o torneo de fútbol base, de idade cadete, que vive a súa cuarta edición. Consistirá nun triangular entre o Olímpico, Sporting Burgo e O Portádego.
O concelleiro de Deportes, Miguel Suárez, anima aos veciños a achegarse ao campo para gozar dos partidos. Destaca que estas competicións están "moi arraigadas" no municipio e xuntan cada ano a decenas de persoas.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER