Fecha
:
Viernes, 9. Septiembre 2016 - 20:30
O Concello de Culleredo comeza este venres, 9 de setembro, a súa tempada de exposicións culturais. Como vén sendo habitual, o Concello ofrece unha exposición mes a mes para levar as distintas manifestacións artísticas aos cidadáns de Culleredo.
Nesta ocasión, a mostra que abre o programa será a de Adriana Azzimonti, pintora de orixe arxentina. A inauguración da exposición será o venres ás 20.30 horas, na aula de Natureza do Burgo.
A exposición estará instalada en Culleredo ata o 8 de outubro. Pódese visitar en horario de 18.00 a 21.00 horas, de luns a sábado, e os sábados ademais tamén de 11.00 a 13.00 horas.