Culleredo acolleu o pasado sábado o tradicional Memorial José Ramallo "Pequecho", unha homenaxe ao xenial piloto que este ano alcanzou a súa IX edición. Foi organizado polo Moto Club Culleredo coa colaboración do Concello.
O encontro de motoristas tivo lugar no recinto multiusos do paseo Marítimo do Burgo. Posteriormente desenvolveuse a tradicional subida a Culleredo. Unha comida de confraternización foia antesala a unha tarde con exhibicións de Airsoft, Cars e Trial xunto cunha ruta en moto polos municipios dos arredores.
Pódense ver máis fotos no Flickr do Concello.