O Consello Escolar pídelle á Xunta que non baixe o número de monitores do comedor

O inicio do curso escolar preséntase en Culleredo cunha redución nos monitores de apoio dos comedores escolares. A decisión pode supor unha menor atención aos pequenos e por iso o Concello de Culleredo, os pais e os docentes suman forzas para pedir á Xunta de Galicia que cambie o criterio.
 
A situación foi exposta no Consello Escolar do CEIP Ría do Burgo. Segundo os datos transmitidos á dirección do centro por parte da empresa de catering á que a Xunta adxudicou o servizo, o comedor do colexio contará con catro monitores menos que o ano pasado.
 
A concelleira de Educación, Carmen Varela, e os representantes da ANPA, presentes na reunión, manifestaron a súa preocupación polas consecuencias da redución. Por iso alcanzouse un acordo unánime do Consello Escolar para reclamar á Consellería de Educación que obrigue a manter o mesmo número de monitores.
 
O Concello tamén ten constancia da existencia deste problema no CEIP Sofía Casanova, de Vilaboa, e no CEIP Díaz Pardo, do Burgo. Abordarase nos seus Consellos Escolares.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina