O polideportivo municipal do Burgo xa loce nova imaxe. Os usuarios xa poden observar a nova decoración exterior, cun gran grafiti con motivos deportivos que foi encargado polo Concello de Culleredo.
Executouse no proxecto de mellora do pintado do polideportivo do Burgo. A actuación cambia por completo o aspecto da infraestrutura, tratando de combater o efecto das pintadas que continuamente se producían e deslucían a súa imaxe.
O grafiti fai referencia ás distintas modalidades que se practican na infraestrutura. Ten unha parte na fachada principal e outra na lateral, a que leva cara ao campo da Lavandeira, ambas as dúas sobre un fondo azul tamén novo.
Ademais do grafiti, a actuación municipal consistiu na renovación do pintado, que en partes do interior foise deteriorando. Reparáronse os puntos con maior necesidade, especialmente onde se detectaron humidades.
O primeiro tenente de alcalde e responsable de Obras, José Ramón Rioboo, sinala que coa actuación dáse resposta ás necesidades manifestadas polos usuarios, que son centos ao ser unha instalación moi utilizada á vez que se mellora notablemente a súa estética.