O Concello duplica o alumnado nas súas Aulas de Reforzo Escolar

O programa de aulas de reforzo educativo que organiza o Concello de Culleredo logra este ano un incremento sobresaliente na participación dos veciños. Son 90 os alumnos desta edición, o que supón que se duplique con respecto ao ano pasado.
 
As aulas acaban de comezar. Fano con tres grupos de Primaria (CEIP Ría do Burgo, CEIP Isaac Díaz Pardo e centro cultural de Ledoño), dous de Secundaria e dúas de Educación Secundaria para Adultos. Estes desenvólvense en Vila Melania.
 
O crecemento na participación do alumnado faise notar especialmente en Secundaria. Un dos posibles factores que influíu é que este ano como novidade as clases non se desenvolven no propio IES, o que quizais retraía a algún alumno.
 
Tanto en primaria como en secundaria o formato é similar en cada sesión, de hora e media de duración. Primeiro trabállase cos participantes na adquisición e mellora de técnicas de estudo. Nunha segunda parte xa se aborda con cada un un reforzo específico na materia que requira incluíndo a preparación de exames e traballos ou a resolución de dúbidas.
 
Outra das novidades deste ano estriba no lanzamento do programa aos veciños do rural, que tivo unha boa acollida con oito nenos que acoden ás clases a Ledoño.
 
En canto á preparación das probas libres da ESO para adultos, son 30 os participantes que no seu día abandonaron os estudos e agora con este apoio municipal queren completar a formación Secundaria Obrigatoria.
 
As clases e sesións de reforzo axudan a comprender os contidos dos exames. Tamén recibirán orientación sobre as posibles saídas laborais ou de continuación de estudos unha vez conseguido o aprobado nas probas. 
 
A concelleira de Educación, Carmen Varela , explica que co programa preténdese, na medida das posibilidades dun concello, favorecer aos veciños en materia de educación. "Queremos pór os medios para que o alumnado estableza durante o curso académico uns hábitos de traballo, un seguimento e un ritmo diario nos seus estudos", apunta.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina