A Policía Local reforzará a vixilancia sobre os estacionamentos indebidos

O Concello de Culleredo redobrará a vixilancia da Policía Local sobre os estacionamentos de maneira indebida de vehículos, especialmente sobre os que afecten á mobilidade dos peóns. Baixo a premisa de que en materia de seguridade viaria o primeiro é a persoa, o goberno local porá todos os seus medios para asegurar a convivencia entre o coche e o peón.
 
Nos últimos días detectáronse varios casos de condutas incívicas que o primeiro tenente de alcalde, José Ramón Rioboo, quere erradicar. Veciños puxéronse en contacto co Concello para manifestar as dificultades que teñen para pasar por beirarrúas cando un coche a ocupa para aparcar ou para utilizar os pasos de peóns de forma normal.
 
Os problemas agrávanse para o caso de persoas que levan carros de bebé. Unha das situacións máis graves prodúcese na rúa García Lorca, en Vilaboa,  onde resulta imposible camiñar pola beirarrúa se hai un vehículo subido.
 
O Concello quere facer un chamamento á conciencia cidadá para eliminar este tipo de actitudes, non só pola infracción que cometen se non polas graves molestias que xeran a outros veciños. "Hai que pensar que deixar un coche sobre unha beirarrúa ou un paso de peóns, aínda que sexa só un instante, provoca riscos para os peóns", afirma Rioboo.
 
O Concello pide aos afectados ante estas situacións que avisen no momento á Policía Local de Culleredo para que interveña.
 
Foto: rúa García Lora, cortesía de @massiEsMas

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina